Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ramón Luís Chao Rego

20 - Maio

chao regoO día 20 de maio de 2018 falece en Barcelona o xornalista, escritor e músico Ramón Luís Chao Rego. Nado en Vilalba en 1935, trasladouse a Madrid para estudar piano, harmonía e bacharelato. De Madrid marchou a París cunha bolsa do Goberno español. Alí faise xornalista e entra a traballar en Radio France. Dirixe as emisións radiofónicas na nosa lingua, que Franco prohibiría. Correspondente da revista Triunfo, Ramón foi autor de numerosas obras e traballos xornalísticos sobre temas sociais, políticos, históricos ou culturais. Empregou o francés e o castelán pero sempre se mantivo o compromiso co galego. Ramón Chao é un histórico da televisión francesa e da prensa –especialmente en Le Monde e Le Monde Diplomatique–, prestixio que lle valeu ser nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo Goberno de Francia en 1991. Irmán do teólogo Xosé Chao Rego e pai do cantante Manu Chao, recibe en 1997 o Premio Galicia de Comunicación.

Details

Date:
20 - Maio