Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Ramón de Valenzuela

27 - Outubro

27oO 27 de outubro de1980 morre en Sanxenxo o escritor e político Ramón de Valenzuela. Con só dezaseis anos funda na Bandeira unha escola para adultos onde as aulas se impartían en galego. Nos anos 1934 e 1935 dedicouse a narrar contos populares en teatros e en Radio Pontevedra. Colaborador do Seminario de Estudos Galegos e militante do Partido Galeguista é detido en agosto do 36 na Bandeira e preso na cadea de Santiago de Compostela. En 1939 exíliase en Francia e é detido tempo despois coa ocupación alemá e entregado á policía española que o condenará a morte. En 1949, conseguido o indulto, emigra a Bos Aires, onde permanecerá até o seu regreso en 1966. En Bos Aires traballou de crítico literario nas revistas La Gaceta de Tucumán e Galicia Emigrante, imparte aulas de Xeografía Galega e desenvolve unha importante actividade cultural no Ateneo de Curros Enríquez, da Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires. En 1957 publicou a súa primeira novela, Non agardei por ninguén.

Detalles

Data:
27 - Outubro