Cargando eventos

« Todos os eventos

Ramón Cabanillas

3 - Xuño

3 xO 3 de xuño de 1876  nace en Fefiñáns (Cambados) o escritor Ramón Cabanillas,  denominado O Poeta da Raza e considerado como a síntese e superación do Rexurdimento. En 1910 emigrou a Cuba e alí publica os seus primeiros poemarios: No desterro e Vento mareiro. Poemas como A Basilio Alvarez, Acción gallega e Lume no pazo convértense en auténticas proclamas anticaciquís.

Xa de volta a Galiza participa cos membros das Irmandades da Fala en todas as empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista. Colabora no xornal A Nosa Terra e convértese na voz lírica do movemento galeguista, época en que publica Da terra asoballada. Como dramaturgo publicou A man da Santiña  e, en colaboración con Antón Villar Ponte, O Mariscal. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, lendo o discurso titulado A saudade nos poetas galegos.

Detalles

Data:
3 - Xuño