Loading Events

« All Events

Ramón Armada

1 - Xullo

1xO 1 de xullo de 1920 morre na Habana Ramón Armada Teixeiro, escritor e un dos representantes do xornalismo galego en Cuba. Fundou, xunto con Manuel Lugrís Freire, o periódico A Gaita Gallega, primeiro medio publicado integramente en galego na emigración americana. Esta publicación de carácter mensual caracterizouse por un firme patriotismo que se asentaba sobre todo na defensa da lingua. Durante a súa estadía na capital cubana, Ramón Armada participou tamén noutros xornais como La Tierra Gallega ou en El Eco de Galicia, onde escribiu empregando os pseudónimos de Amador Marán e Chumín de Céltegos. En 1900 volve á súa natal Ortigueira e, durante esta estadía na súa vila natal, funda o xornal El Eco de Ortigueira. En 1909 regresa definitivamente a Cuba. É autor de varios poemarios onde evoca a Galiza denunciando o caciquismo e o malvivir dos labregos. A súa obra de teatro ¡Non máis emigración! é a primeira peza de teatro de costumes con carácter reivindicativoe chegando a ter catro edición. Nesta peza combina escenas cantadas con outras dialogadas, o que lle valeu ser catalogada como a primeira zarzuela do teatro galego. Foi membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.

Details

Date:
1 - Xullo