Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

Rafael Fernández Casas

20 - Agosto

|Recurring Evento (See all)

An event every year that begins at 12:00am on day 20 of Agosto, repeating indefinitely

2020 de agosto de 1936 é asasinado Rafael Fernández Casas. O seu cadáver apareceu no km. 47 da estrada Golada-Betanzos no lugar de Trasanquelos-Cesuras e rexistrada a súa morte como morte por hemorraxia cerebral, utilizado eufemismo para o tiro na cabeza. A súa traxectoria galeguista veu marcada polo contacto que tivo con Victoriano Taibo. Destacou polos seus dotes na innovación educativa, educación que para el ten que ter o galego como idioma da escola. Foi autor de múltiples traballos en prensa, que moitas veces presenta en forma de ensaio, conto, poema ou baixo a forma epistolar. Foi autor dunha única obra, a novela Loita. Nos anos finais da República exerceu de mestre na escola de Souto, en Carnoedo-Sada, onde foi un dos promotores da fundación do Ateneo de Cultura Política y Social. A noite do 20 de agosto de 1936 foi detido na súa casa.

Detalles

Data:
20 - Agosto