Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Publicacións periódicas na emigración americana

1 - Xaneiro

Só entre a Habana, Bos Aires e Montevideo desde fins do século XIX e até 1936 aparecen ao redor de 170 publicacións. Entre esas publicacións, ademais de Suevia, con recensión do 1 de xaneiro neste Almanaque das Irmandades, están: Tierra Gallega (8 de abril),  Galicia Gráfica (9 de agosto), Céltiga (30 de setembro), El Gallego (7 de novembro), A Gaita Gallega (18 de decembro) Eco de Galicia, Almanaque Gallego, Caras y Caretas, Blanco y Negro, Galicia Moderna, Almanaque Gallego, Eco de Galica ou Galicia. Revista semanal ilustrada. Moitas destas revistas e publicacións periódicas serían imprescindibles para a divulgación do ideario nacionalista.

Despois do 36 aparecen Vieiros, a máis importante das publicacións  editadas en México e fundada en 1959 por Luís Soto, A Nosa Terra, que reinicia a súa publicación en xuño de 1942, Galeuzca, edítada en Bos Aires en agosto 1945 e Galicia Emigrante en xaneiro de 1954 dirixida por Luís Seoane. De Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Compostela, Revista de Galicia ou Patria Gallega son outras das edicións xornalísticas. Moitas das publicacións desta etapa terán un claro carácter antifascista.

Details

Date:
1 - Xaneiro