Loading Events

« All Events

Publicacións periódicas en Galiza antes de 1936

2 - Xaneiro

O Catón Compostelano (con recensión do 1 de maio neste Almanaque) está considerado como o primeiro xornal editado en Galiza. De 1812 é Gazeta Marcial y Política de Santiago, a primeira publicación xornalística que incluíu textos en galego, e en 1876 aparece O Tío Marcos da Portela (7 de febreiro), o primeiro xornal redactado en galego. Entre as diversas publicacións periódicas editadas en Galiza antes do 36, ademais de El Brigantino recensionado neste día 2 de xaneiro, editáronse O Labrego. Semanario d’intreses rexionales e literatura (8 de xaneiro), El Recreo Compostelano (11 de xaneiro),  Acción Gallega (15 de xaneiro), El Pueblo Gallego (27 de xaneiro), Crónica Literaria (17 de febreiro), La voz de la Caridad (15 de marzo), SER (30 de marzo), Galicia (10 de maio), La Ilustración Gallega y Asturiana (15 de xuño), Acción Obrera (6 de xullo), Galicia Moderna (15 de xullo), El barbero municipal (17 de xullo), Mondariz (21 de xullo), Xornal de Galicia (25 de xullo), Galicia. Revista Regional (26 de xullo), La Zarpa (27 de xullo), Rexurdimento (1 de agosto), A Nosa Terra (4 de agosto), Claroscuro (7 de agosto), O Galiciano (8 de agosto), Patria Gallega (11 de agosto), La Draga (20 de agosto), Nós.Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste (10 de setembro), El Eco Popular (3 de outubro), A Monteira (5 de outubro), Revista Nós (30 de outubro), Outavoz patriótico da F.M.G. (1 de novembro), A Nosa Terra (14 de novembro), Germinal (4 de decembro), Claridad (23 de decembro), Novo Galiciano, As Burgas, Caldo e Touros,Vida Gallega ou Alfar.

Durante a guerra civil nas zonas republicanas editáronse algunhas publicacións xornalísticas nas que aparecía o galego. Así El Miliciano Gallego, Nova Galiza, Nueva Galicia ou Galicia Libre. A publicación galeguista Nova Galiza, con subtítulo de  Boletín quincenal dos escritores antifeixistas, publicouse en Barcelonado o 5 de abril de 1937 e sacou 18 números. Dirixida primeiro por Castelao e logo por Rafael Dieste utilizaba o galego, castelán e portugués. En Galiza só El Compostelano publicaría algunhas composicións poéticas e prosísticas en galego.

 

Details

Date:
2 - Xaneiro

Venue