Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Publicación do Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo

5 - Decembro

5dO 5 de decembro de 1918 A Nosa Terra reproduce enteiro o texto do manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo celebrada os días 17 e 18 de novembro de 1918 no teatro Lugo-Salón. O manifesto constitúe a transición entre o concepto de Galiza como rexión e o movemento que se autodefine como nacionalista. O manifesto asinado en Lugo polos representantes das Irmandades da Fala incluirá por vez primeira no seu texto o termo Soberanía. Os acordos adoptados na asemblea de Lugo definen a Galiza como nazonalidade, reivindican a súa autonomía cunha carga moi importante de competencias, fan unha proposta federal ou mesmo confederal para a Península Ibérica, defenden a cooficialidade de galego e castelán e propugnarán unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país. Ademais este manifesto propón unha democracia representativa moderna, daquela non existente en ningún país europeo: voto para a muller, representación proporcional, limpeza no sufraxio ou a erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais e os concellos rurais.

Details

Date:
5 - Decembro