Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Prudencio Rovira Pita

29 - Febreiro

29 fO  29 de febreiro de 1960 morre en Madrid Prudencio Rovira Pita. Coñecido como Rovirita, este avogado, político e xornalista nacera en Pontevedra o 21 de setembro de 1870. Foi secretario particular de Antonio Maura e deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1907 e polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Colaborou en periódicos, como Diario de Barcelona e El Diario Español de Bos Aires. En galego publicou Hirmandade! Poemiña de revolta, 1918, un libro de poemas de contido agrarista e é autor de  El campesino gallego (apuntes sobre su condición social) 1904.
Patrocinou financeiramente o proxecto de Ramón Cabanillas, As Roladas, que consistía na creación dunha entidade escolar infantil galega que non chegou a ver a luz mais si o boletín co mesmo nome e que co subtítulo “folla dos rapaciños galegos” sae do prelo en maio de 1922.

Detalles

Data:
29 - Febreiro