Cargando eventos

« Todos eventos

Programa radiofónico Sempre en Galicia

3 - Setembro

3 sO 3 de setembro 1950 comeza a emitirse en Montevideo o programa radiofónico Sempre en Galicia, o programa de radio máis antigo de emisión totalmente en galego, e que segue a emitirse na actualidade. A súa emisión é  os domingos,  mantendo desde o inicio a mesma forma de apertura e cerre: Bos días Galegos, aquí Sempre en Galicia, mentres de fondo soa a muiñeira de Chantada. Foi posto en marcha poucos meses despois da morte de Castelao por iniciativa dos galegos exiliados e residentes no Uruguai Alfredo Somoza, Manuel Meilán, Lois Tobío, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xesús Canabal, Emilio Pita e Manuel Leiras.

Detalles

Data:
3 - Setembro