Proclamación de candidatos
21 - Xuño
O 21 de xuño de 1931 faise a proclamación de candidatos nacionalistas. O 1 de xuño constituírase o Grupo Nazonalista Galego de Pontevedra, cun Consello executivo que tiña a Castelao como presidente. Con data do 21 proclámanse os candidatos a deputados ás Cortes por Pontevedra, recaendo as candidaturas en Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Cabanillas, Gonzalo Otero García, José Lino Sánchez e Álvaro de las Casas. Nestas eleccións, os nacionalistas galegos conseguirán 4 deputados: Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo, Ramón Otero Pedrayo e Castelao.