Loading Events

« All Events

Primeiro periódico monolingüe en galego

7 - Febreiro

O 7 de febreiro de 1876 ve a luz o primeiro número de “O Tío Marcos da Portela”. Editado en Ourense por Valentín Lamas Carvajal é o primeiro periódico monolingüe en galego. De marcado carácter literario, esta publicación acadou un grande éxito en todo o país e chegou a tirar catro mil exemplares. Nas súas páxinas incluíanse seccións de opinión e de actualidade, mais predominaban as colaboracións poéticas. O xornal publicouse até 1889 aínda que con algunha interrupción, a máis longa entre 1878 e 1879. Saíron en total catrocentos trinta números. Fixo unha acérrima defensa do uso do galego, nel podese ler:
“Teñen os pobos a gala no seu lenguaxe falar; fálase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemaña, alemán, soilo os gallegos d’agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus pais”.

Details

Date:
7 - Febreiro