- This event has passed.
Primeiro matrimonio entre dous homes
16 - Abril
O 16 de abril de 1061 ten lugar o primeiro matrimonio entre dous homes do que temos noticia. Foi no municipio ourensán de Rairiz de Veiga e os dous homes que protagonizaron este primeiro matrimonio homosexual rexistrado en Galiza e un dos primeiros de Europa chamábanse Pedro Díaz e Muño Vandilaz. O documento histórico da acta que recolle este feito atopouse no Tombo do Mosteiro de Celanova, o cal foi expoliado, como a maioría dos centros de documentación medieval do reino de Galiza, e actualmente está depositado no Archivo Histórico Nacional de Madrid.
O casamento contou coa anuencia do cura da parroquia de Santa María de Ordes na localidade de Rairiz de Veiga.
No libro “Amigos e sodomitas. A Configuración da homosexualidade na Idade Media” de Carlos Callón pode atoparse máis información.