Cargando eventos

« Todos os eventos

Primeira sentenza en galego da época moderna

27 - Marzo

Queremos GalegoO 27 de marzo de 1985 a Sala do Contencioso–Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña ditou a primeira sentenza en galego da época moderna. Foron os maxistrados da Audiencia Territorial da Coruña Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo os que ditaron esta primeira sentenza en galego despois de cinco séculos de proscrición da nosa lingua no ámbito xudicial. O primeiro documento escrito en lingua galega que se coñece, o Foro do bo burgo de Castro Caldelas –a concesión do foro de vila por parte do rei Alfonso IX–, dado en Allariz, data de 1228; o último documento oficial en galego, antes dos séculos escuros que sucederon á centralización administrativa e o control do Reino de Galiza ordenados polos Reis Católicos, é outro documento foral, do mosteiro de Montederramo, escrito en 1527 ou 1529 (non se coñece outro instrumento xurídico escrito na lingua propia de Galiza desde o ano 1532, no que se data un documento relativo ao foro do Mosteiro de San Clodio). Por todo isto, a sentenza de 1985 da Audiencia Territorial da Coruña supuxo un fito histórico na normalización da lingua galega no ámbito xurídico.

Detalles

Data:
27 - Marzo