Prado Lameiro
26 - Decembro
O 26 de decembro de 1942 morre Prado Lameiro. Nace Xavier David Leoncio Prado Rodríguez, máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro, en Ourense o 12 de setembro de 1874 e fina na mesma cidade. Membro das Irmandades da Fala, foi veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX.
Colaborador de Lamas Carvajal, en 1917 intentou recuperar a publicación O Tio Marcos d’a Portela, aínda que desapareceu finalmente en 1919. A partir da instauración da República abandona toda actividade política e literaria dedicándose exclusivamente á súa faceta de veterinario.