Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Prado Lameiro

26 - Decembro

O 26d26 de decembro de 1942 morre Prado Lameiro. Nace Xavier David Leoncio Prado Rodríguez, máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro, en Ourense o 12 de setembro de 1874 e fina na mesma cidade. Membro das Irmandades da Fala, foi veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX.
Colaborador de Lamas Carvajal, en 1917 intentou recuperar a publicación O Tio Marcos d’a Portela, aínda que desapareceu finalmente en 1919. A partir da instauración da República abandona toda actividade política e literaria dedicándose exclusivamente á súa faceta de veterinario.

Detalles

Data:
26 - Decembro