Cargando eventos

« Todos eventos

Portela Valladares

29 - Abril

29 aO 29 de abril de 1952 morre Manuel Portela Valladares. Nado en Pontevedra,  foi un político liberal de ideoloxía centrista que chegou a ser presidente do goberno durante a II República Española. Foi fundador da Liga Agraria de Acción Gallega que liderou Basilio Álvarez. En 1924 fundou en Vigo “El Pueblo Gallego”, xornal que abriu as portas a intelectuais republicanos e galeguistas, e fixo campaña a prol dunha rexeneración da vida política española. En 1930, Portela Valladares foi un dos asinantes do chamado “Pacto de Barrantes”, en que participaron os máis destacados líderes republicanos e nacionalistas do momento, entre eles Castelao con quen compartía a necesidade de autonomía para Galiza. Formou parte do Consello de Galiza fundado por Castelao en 1945.

Detalles

Data:
29 - Abril