Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Plebiscito do Estatuto

28 - Xuño

O 28 de xuño de 1936 celebrábase o plebiscito do Estatuto. Segundo o escrutinio oficial, dun censo de 1.343.135 votou o 74,56%. Dos 1.000.963 votos emitidos, 993.351 foron a favor, un 99,24%, 6.161 en contra e 1.451 en branco. Superáronse así amplamente as dúas terceiras partes necesarias para que fose vinculante a postura a prol do Estatuto.

Co Plebiscito cúmprense todos os trámites establecidos pola Constitución e puido presentarse o Estatuto ás Cortes da República o día 15 de xullo de 1936, tres días antes de iniciarse a Guerra Civil.

Details

Date:
28 - Xuño