Loading Events

« All Events

Perfecto Feijoo

25 - Agosto

25aO 25 de agosto de 1858 nace en pontevedra Perfecto Feijoo, farmacéutico, gaiteiro e musicólogo. Cun grupo de amigos funda en 1883 Aires d´a Terra  o primeiro coro de Galiza.  O coro utilizaba instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro, as cornas, triángulos, pandeiretas ou as zanfonas que, xunto con documentos e fotografías, se custodian no Museo de Pontevedra. En 1904 gravou o primeiro disco de música galega e nel utiliza a zanfona. Vai ser a primeira gravación do mundo deste instrumento. Como escritor publicou La gaita gallega, un conxunto de artigos sobre este instrumento.  A súa farmacia, instalada na Praza da Peregrina era un foco de actividade cultura e punto de reunión de numerosoas persoas que participaban nas súas famosas tertulias literarias e musicais. Por alí pasaban tanto políticos como persoas do mundo das artes e as letras: Eugenio Montero Ríos, Pablo Iglesias, Diego Pazos Espés y Práxedes Mateo Sagasta, Ramón María del Valle Inclán, Emilia Pardo Bazán, Miguel de Unamuno… Parece ser que en 1891 chegou a mans de Perfecto Feijoo un loro ao que lle puxo o nome de Ravachol. Viviu este na farmacia 22 anos e fíxose moi popular polos seus dicires:   Don Perfeuto, xente na tenda,  Aquí non se fia,  Se collo a vara…, Vaite de aí, lambón…

Details

Date:
25 - Agosto