Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Perfecto Estévez García

27 - Xullo

Perfecto EstévezO día 27 de xullo de 1955 nace en Ourense o pintor, cartelista e escenógrafo Perfecto Antonio Estévez García. Xefe do estudo gráfico da axencia de publicidade AHA, director de arte do grupo Córcega. Tamén, deseñador da editorial Espiral Maior. Realizou traballos gráficos para a Universidade da Coruña e para numerosos concellos galegos. Igualmente, realizou traballos para distintas editoriais, é o caso de Baía Edicións, A Nosa Terra ou Edicións Xerais de Galicia. Sempre prestou o apoio cos seu carteis para movementos reivindicativos e culturais galegos. Perfecto Estévez falece na Coruña en 2010. 

Detalles

Data:
27 - Xullo