Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Pepe de Xan Baña

16 - Outubro

16oO 16 de outubro de 1945 morre en Cuba o mestre, escritor e xornalista José Baña Pose máis coñecido polo seu alias Pepe de Xan Baña. Nacido en Santa Sabiña (Santa Comba) emigra moi novo a Cuba. Alí colaborará en xornais como La Tierra Gallega, xornal dirixido por Curros, e no Diario de la Marina. É autor de Vindicación, vida e milagros de Pepe Xan Baña, cuxos versos aínda perviven na memoria popular da súa zona, e Suspiros N’a terriña, que foi ilustrado con fotos da súa familia e dos amigos que formaban parte do Galeguismo. Aos 49 anos volta por breve tempo a Galiza traendo con el múltiples exemplares dos seus libros.

Detalles

Data:
16 - Outubro