Loading Events

« All Events

Pedro Galán Calvete

18 - Xullo

18xO 18 de xullo de 1917 nace na Coruña Pedro Galán Calvete. Foi alumno das Escolas de Ensiño Galego, nas que impartía clases Ánxel Casal, e posteriormente cursou estudos na Escola Profesional de Comercio da Coruña En outubro de 1933, xunto a Jenaro Marinhas del Valle e unha ducia de mozos constitúen a Mocidade Galeguista da Coruña, da que logo sería Secretario de Organización. Participou na creación do Club do Mar, de cuxa directiva formou parte, e traballou no departamento de contabilidade da empresa de xabróns La Toja.  Era membro das Irmandades da Fala e participaba  na maior parte de actividades reivindicativas que o galeguismo da altura impulsaba, sendo unha dos referentes daquel movimento na capital coruñesa. Logo do golpe militar foi detido e levado ao cárcere da Coruña e despois ao cuartel da policía no Orzán. O 16 de setembro de 1936 atoparon o seu cadáver nunha cuneta da Corveira, asasinado polos franquistas cando contaba tan só 19 anos. A partida de defunción fixo constar que Galán morrera a consecuencia dunha hemorraxia interna. Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro na Coruña.

Details

Date:
18 - Xullo