Loading Events

« All Events

Pedro Ferrer

9 - Xuño

9xO 9 de xuño de 1939 morre Pedro Ferrer o máis importante fotógrafo da cidade da Coruña durante o primeiro terzo do século XX. Propietario da coñecida Papelería Ferrer, situada no nº 61 da rúa Real, foi ademais de fotógrafo, gravador e fundador da industria discográfica en Galicia. Percorreu toda Galicia coas súas cámaras, realizando máis de catro mil pezas fotográficas que constitúen hoxe un dos máis importantes legados do noso patrimonio paisaxístico e cultural. Son ademais un importántísimo documento etnográfico por presentar ás xentes en todas as situacións da vida. Unha parte significativa desta obra foi recollida en Portfolio de Galicia, un  coleccionable que inclúe 298 fotos repartidas en 25 fascículos publicados entre 1902 e 1904. Foi editado con epígrafes en galego. Nel predominan as fotos de Ferrer, mais aparecen tamén as dos fotógrafos Zagala, Pacheco, Pintos e Sellier. A distribución do Portfolio de Galicia  entre os emigrantes galegos foi espectacular e haberá unha segunda edición no ano 1910. O 24 de agosto de 1907, apenas un ano despois da fundación do Deportivo,  Pedro Ferrer quitou a primeira fotografía do equipo no campo da Gaiteira. É tamén o autor das primeiras fotografías panorámicas da cidade da Coruña, tomadas entre 1922 e 1927.

Details

Date:
9 - Xuño