Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde

10 - Abril

Pedro Antonio Sánchez VaamondeO 10 de abril de 1749 nace en Santaia de Curtis (Curtis) Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.

De familia fidalga cun extenso patrimonio, estudou na Universidade de Santiago, foi catedrático de Retórica e ocupou unha das Cátedras de Teoloxía Tomista. Foi nomeado fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese de Santiago polo arcebispo Alejandro Bocanegra, quen o puxo á fronte da Biblioteca Arzobispal con ocasión da súa apertura en 1779. Presbítero desde 1781, dous anos despois foi nomeado racioneiro da Catedral. Foi co–fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4.500 libros, aínda que foi acrecentándose até a actualidade cun fondo duns 30.000 exemplares. Esta biblioteca é na actualidade a fundación cultural privada máis antiga do Estado.

Un dos proxectos máis importantes de Sánchez Vaamonde foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o Océano Atlántico.

Details

Date:
10 - Abril