Loading Events

« All Events

Paz Novoa

26 - Setembro

26sO 26 de setembro de 1895 morre Paz Novoa, avogado, xornalista e político.  A maior parte da súa vida transcorre en Ourense onde mantén estreita relación e amizade con moitos dos intelectuais do momento, entre eles Curros Enríquez, de quen Novoa se encargou da  súa defensa en primeira instancia cando Curros foi denunciado por certos sectores eclesiásticos ao considerar algúns dos seus poemas heréticos, blasfemos e escandalosos.   Paz Novoa conta cun claro posicionamento e diversos escritos sobre a redención de foros, sendo o máximo inspirador da Lei de redención de foros de 1873. Funda e dirixe o diario ourensán El Correo de Galicia e colabora, entre outros,  en Nueva Galicia, El Heraldo Gallego e La Tertulia. Participou nos Xogos Florais de 1861 quedando os seus poemas recollidos no Álbum de la Caridad. Na súa xuventude participou no Banquete de Conxo.

Details

Date:
26 - Setembro