Cargando eventos

« Todos eventos

Patria Gallega

11 - Agosto

11a  .O 11 de agosto de 1906 aparece en Vigo a revista Patria Gallega. Subtitulada Revista Semanal Ilustrada, publicábase os sábados. No tratamento dos temas o humor foi un elemento fundamental. Entre os seus colaboradores figuraban Amador Montenegro, Juan Neira e Enrique Labarta, o poeta Pío Lino Cuíñas e Rafael Fuembuena, autor de moitas das ilustracións. A revista anunciábase como la más amena y la más barata  e podía mercarse por 10 céntimos os sábados, los días de limpieza, dicía na súa presentación. Revista de vida efémera dela coñécense só oito números que foron impresos na Litografía M. Reymóndez de Vigo.

Detalles

Data:
11 - Agosto