Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Pacto de Barrantes

25 - Setembro

25sO 25 de setembro de 1930 ten lugar o pacto de Barrantes. Tamén denominado Compromiso de Barrantes, o Pacto de Barrantes fai referencia ao acordo entre figuras do galeguismo como Castelao, Otero Pedrayo, Lois P. Novo ou Cabanillas e do republicanismo, como o propio Portela Valladares. Celebrado no pazo de Barrantes (Ribadumia, Pontevedra)  foi promovido por Portela Valladares. O resultado do Pacto foi plasmado nun manifesto que El Pueblo Gallego publicou o día 26, só un día despois da súa sinatura, e cinco meses antes da chegada da República. No aspecto económico centra a atención nos problemas da agricultura, no aspecto cultural consideraba a cuestión máis grave a falta de escolas e a falta dun ensino con carácter galego, e no aspecto político contempla o caciquismo como o veleno que non deixa cumprir a Constitución. Para os asinantes do Pacto a causa deste males estaba no centralismo que se esquencía das arelas lexítimas dos galegos provocando nuestra ruina, nuestro atraso y nuestra opresión.

Details

Date:
25 - Setembro