Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ovidio Murguía

2 - Xullo

Ovidio MurguíaO día 2 de xullo de 1871 nace en Lestrobe (Dodro) o pintor Ovidio Martínez de Castro (Ovidio Murguía). Fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, pertence á chamada Xeración Doente (un conxunto de pintores galegos, no auxe do realismo, mortos todos de tuberculose arredor de 1900, cando andaban arredor dos 30 anos). En 1895 vai a Madrid onde, grazas ao escritor Alejandro Pérez Lugín se relaciona con artistas. Vai con frecuencia ao Museo do Prado. O seu pai quixo que se relacionase con políticos influentes da época: pinta varias obras para Montero Ríos para o Pazo de Lourizán. Os cadros de Ovidio están fundamentalmente no Museo Provincial de Pontevedra e no Museo de Belas Artes da Coruña. Falece na Coruña en 1900. 

Details

Date:
2 - Xullo