- Este evento pasou.
Outavoz patriótico da F.M.G
1 - Novembro
O 1 de novembro de 1935 sae do prelo Outavoz patriótico da F.M.G.
O voceiro oficial das Mocedades Galeguistas naceu adscrito ás páxinas de A.N.T co nome de Guieiro.Outavoz patriótico da Federación de Mocedades Galeguistas. Como publicación independente sairá en Ourense o primeiro de novembro de 1935 co título de Outavoz patriótico da F.M.G. Constaba de catro páxinas e aparecía con periodicidade quincenal, salvo os últimos números que pasaron a mensuais. O seu primeiro director foi Manoel Vázquez Martín, pouco máis tarde Celso Emilio Ferreiro e logo Castro Arines. O número 3 de Outavoz patriótico da F.M.G. foi secuestrado por orde gobernativa e dítase auto de procesamento contra o seu director ao considerar dous dos seus artigos inxuriosos contra o Estado Español. O seu último número o 13, sae o primeiro de xullo de 1936. Tivo como colaboradores a A. Iglesia Alvariño, M. Vázquez Martín, C. Muñiz Sosa, Antonio Moure, Xermán Vázquez e Fernández del Riego.