Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Otero Pedrayo

5 - Marzo

5 m ( E Galaxia)O 5 de marzo de 1888 nace Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, o escritor galego máis prolífico e plural, membro do denominado Grupo ou Xeración Nós. En 1920 foi un dos fundadores da revista “Nós”. Home de fonda militancia galeguista, dá o seu primeiro discurso público en galego na presentación do “Álbum Nós”. Publicou en Nós un anaco da novela “Ulises” de James Joyce, a primeira tradución realizada ás linguas peninsulares. Colabora en diferentes xornais e revistas e desenvolve unha intensa actividade na sección de Xeografía e Historia do Seminario de Estudos Galegos. A súa primeira obra narrativa foi a novela curta Pantelas, home libre (1925), á que seguirán Os camiños da vida, Arredor de sí, e A romaría de Xelmirez. Cultivou tamén Otero a poesía, o relato breve e o ensaio, fundamentalmente de carácter histórico, xeográfico e literario. Participa na fundación do Partido Galeguista e en 1931 sae elixido deputado das Cortes Constituíntes. Ao comezar a guerra civil foi expedientado e cesado como catedrático de instituto, retirándose á casa familiar de Trasalba. En 1949 foi restituído na súa cátedra de Instituto e no ano seguinte gañou a cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Details

Date:
5 - Marzo