Loading Events

« All Events

Osorio-Tafall

3 - Decembro

3dO 3 de decembro de 1902 nace en Salcedo (Pontevedra) o científico e político Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Doutor en Ciencias Naturais foi un destacado dirixente republicano en Pontevedra. Participará no Pacto de Lestrobe e con 29 anos, presentado como candidato pola ORGA, foi elixido alcalde da cidade. Foi presidente da Deputación e secretario da Misión Biolóxica de Galiza. Durante a II República desenvolveu unha importante actividade política sendo deputado en Cortes en 1931 e 1936. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou no ano 1936, e presidiu o Comité Central de Autonomía, sendo un dos activos impulsores do Estatuto. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. Tras a derrota republicana exiliouse en México onde reiniciou a súa carreira no ámbito académico e científico. Ocuparía cargos no corpo diplomático das Nacións Unidas.

Details

Date:
3 - Decembro