Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

As mortas de Nebra

12 - Outubro

12ojpgO 12 de outubro de 1916 os labregos Francisca Carou, Ramona Suárez, Generosa Vidal, Rosa Cadórniga e Antonio Sobrado foron asasinados a tiros por axentes da Garda Civil na ponte de Cans (Nebra), logo dunha mobilización popular contra o cobro de abusivos e inxustos impostos. Os feitos viñeron xerados pola situación creada pola mala xestión do Concello de Porto do Son que, para pagar unha débeda coa Deputación, impón un imposto especial á veciñanza coa ameaza de embargo de non ser pagada. Este acontecemento, que forma parte tráxica da nosa historia, encontrámolo recollido tamén na literatura. Así no Álbum Nós, publicado no 1931, Castelao fixo constar, ao pé dunha das cincuenta estampas que compoñían o volume, a lenda ¡Un padrenuestriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán! Anos despois Manuel María volve as estes tres símbolos da loita contra as inxustizas sociais no seu libro As rúas do vento ceibe, Galicia púxose en pé; Nebra, Oseira e Sofán…

Details

Date:
12 - Outubro