Cargando eventos

« Todos os eventos

Olimpia Valencia López

14 - Decembro

14dO 14 de decembro de 1898 nace en Baltar (Ourense) Olimpia Valencia López, a primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina. En 1918 ingresa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago onde tería como profesores a Novoa Santos, Gil Casares e Romero Molezún. O seu expediente académico conta con dezanove matrículas de honra e premio extraordinario de licenciatura. En xuño de 1931 Olimpia Valencia encabeza un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e en xuño de 1936 asina o manifesto de apio a favor do si no Plebiscito do Estatuto. Os dous manifestos serían asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas pasando varios días detida. As represalias faríanse patentes na súa consulta a onde moita xente deixaría de asistir. Foi membro fundadora da Academia Médico-Cirúxica de Vigo.

Detalles

Data:
14 - Decembro