Loading Events

« All Events

O.R.G.A.

5 - Setembro

O 5 de setembro de 1929 constitúese na Coruña a Organización Republicana Gallega Autónoma (O.R.G.A). Asisten membros das Irmandades da Fala e do Casino Republicano, entre os que se encontran Ánxel Casal, Antón Villar Ponte, Alfredo Somoza, Emilio González, Arturo Taracido e Casares Quiroga. Casares Quiroga convértese no seu principal dirixente, a pesar de seren maioritarios os galeguistas nun primeiro momento. O 26 de marzo de 1930 organizou a Federación Republicana Gallega, mediante o denominado Pacto de Lestrobe, en que se integraron partidos republicanos como o Partido Radical e o Partido Republicano Radical Socialista. A ORGA formou parte do primeiro goberno da República por medio de Santiago Casares Quiroga.

Details

Date:
5 - Setembro