Loading Events

« All Events

O Gaiteiro de Soutelo

26 - Maio

26 mO 26 de maio de 1899 nace en Soutelo de Montes Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo. Formou con dous irmáns o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo e con eles  percorreu toda Galiza, así como Barcelona,  Bos Aires, Montevideo ou Brasil. En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galiza no concurso celebrado en Santiago en 1924. Despois da guerra civil nunca máis volveu tocar en público.

Details

Date:
26 - Maio