O Gaiteiro de Soutelo
26 - Maio
O 26 de maio de 1899 nace en Soutelo de Montes Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo. Formou con dous irmáns o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo e con eles percorreu toda Galiza, así como Barcelona, Bos Aires, Montevideo ou Brasil. En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galiza no concurso celebrado en Santiago en 1924. Despois da guerra civil nunca máis volveu tocar en público.