Cargando eventos

« Todos os eventos

O cura de Fruíme

17 - Marzo

O cura de FruímeO 17 de marzo de 1702, nace en Compostela o escritor e crego Diego Antonio Cernadas de Castro, máis coñecido como O cura de Fruíme, escritor do século XVIII, anos difíciles e escuros para as nosas letras. Escribiu obras en prosa e en verso en defensa de Galiza e contra todo tipo de inxustizas, obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler a veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión. É considerado por moitos estudosos a figura literaria máis notable da Galiza no século XVIII pois combinou o seu labor pastoral cun amplísimo traballo intelectual. Definido por moitos como un precursor do galeguismo, o Club de Xornalistas Galegos de Madrid, en 2002, solicitou unha homenaxe polo 300 aniversario do seu nacemento.

Detalles

Data:
17 - Marzo