Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste
10 - Setembro
O 10 de setembro de 1918 sae do prelo o suplemento cultural Nós no xornal El Noroeste co nome de Nós.Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste. Ten como primeiro responsable a Eladio Rodríguez González. Ábrese co artigo do propio Eladio Rodríguez titulado Na xuntanza está a forza e na forza está o triunfo. Con cabeceira de Castelao quixo facer posible, en palabras de Eladio Rodríguez, que por alí pasaran todos os escritores en prosa e os poetas da terra, que compuñeron os seus versos na nosa léngoa nai.