O 22 de marzo de 1863 morre Nicomedes Pastor Díaz, escritor, xornalista e político. Como político, Pastor Díaz chegou a ser Ministro de Estado no goberno de O’Donnell. O seu poema Á Alborada (1828) considérase unha das primeiras mostras do Rexurdimento.