
- Este evento pasou.
“Nena das soidades”, de Manuel Murguía
1 - Xuño
O día 1 de xuño de 1854 Manuel Murguía pública o seu primeiro texto en galego. Será no álbum de Elena Avendaño e son unhas seguidillas tituladas Nena das soidades. Murguía trasladárase a Madrid en 1850 para estudar farmacia e alí relaciónase coa intelectualidade e clase política da época. Aínda que era unha das promesas literarias do momento, a súa verdadeira vocación levouno a tomar outro camiño: a investigación en humanidades, especialmente na historia da nosa nación.