Cargando eventos

« Todos eventos

Neira Vilas

3 - Novembro

3nO 3 de novembro de 1928 nace en Gres (Vila de Cruces) o escritor Xosé Neira Vilas. Con vinte e un anos emigra a Arxentina. Alí establecerá contacto cos intelectuais do exilio, entre os que se encontran Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela e Ramón de Valenzuela. En Bos Aires desenvolve unha intensa actividade cultural e foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casado coa escritora cubana Anisia Miranda, xuntos fundan a editorial e distribuidora do libro galego Follas Novas. Colabora na prensa galega e publica a súa novela Memorias dun neno labrego. Máis tarde establece a súa residencia en Cuba e alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Durante os trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En 1992 pasou a residir na súa parroquia natal. Foi membro numerario da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana.

Detalles

Data:
3 - Novembro