Nao senlleira
23 - Xaneiro
O 23 de xaneiro de 1933 sae do prelo Nao senlleira de Fermín Bouza-Brey editado pola editorial Nós. Trátase dun poemario iniciador da corrente neotrobadoresca que marcaría unha das liñas poéticas máis importantes das nosas letras.