Celso Emilio
4 - Xaneiro
O 4 de xaneiro de 1912 nace en Celanova Celso Emilio Ferreiro máximo expoñente da poesía social en lingua galega. En 1937 foi detido e condenado a morte por manifestar en público a súa opinión contraria ao réxime. Aínda que se evitou a súa execución, pasou encarcerado no mosteiro de Celanova varias noites. Alí empezou a idear a súa obra máis importante Longa noite de pedra, unha das obras clave da literatura galega contemporánea. Despois da guerra colabora en diversas publicacións como “Faro de Vigo”, “Litoral”, “Vieiros” e a revista de poesía “Alba”, onde comeza a publicar poemas de O soño sulagado. En 1966 emigra a Venezuela. O comportamento de certos sectores da emigración galega en Venezuela lévao a escribir Viaxe ao país dos ananos.