Loading Events

« All Events

Mulleres e xornalismo

16 - Xaneiro

Mulleres en publicacións periódicas no último terzo do XIX e primeiro terzo do XX

Marcou Rosalía de Castro, rompendo a temática e a norma literaria imposta, un camiño que percorrerá a historia da muller escritora até a actualidade. Recollemos aquí algunhas mulleres galegas do último terzo do XIX e primeiro do XX que foron xornalistas, columnistas, ensaístas ou colaboradoras de prensa, ou aparecen como editoras e directoras de revistas e xornais. Algunha dela será escritora de temática estipulada, mais moitas outras irán debullando ideas, análises e reindicacións sobre pedagoxía, socioloxía, educación… e sobre a muller. Ao redor das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista algunhas aparecerán tamén como defensoras do ideario nacionalista. Moitas destas mulleres tiveron unha entrada neste Almanaque das Irmandades ( almanaquedasirmandades.gal)  entrada que aquí irá indicada polo día e mes ao lado do nome.
Empezaremos este pequeno recoñecemento a esas mulleres por aquelas que escribiron en galego algúns dos seus traballos en revistas e xornais.

Filomena Dato Murais (27 de febreiro)
Alma Gallega, A Nosa Terra, Centro Gallego, Eco de Galicia, Vida Gallega, El Ideal Gallego, O Tio Marcos dá Portela, Terra, El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa, El Correo de la Moda,  Revista Gallega,  A Monteira, Patria Gallega, La Ilustración Ibérica, Barcelona Cómica, Eco de Galicia, Follas Novas, Galicia.

Francisca Herrera Garrido (6 de marzo). Galicia, Vida Gallega, Céltiga, La Temporada, A Nosa Terra, Nós, Centro Gallego, Eco de Galicia, Eco franciscano, Lar, Cultura gallega, Alma gallega.

Elvira Bao Maceiras (24 de maio). A Nosa Terra.

Avelina Valladares Núñez (23 de outubro). La Exposición Compostelana, El Eco de Galicia, El Emigrado, El Ideal Gallego, Terra, Follas Novas.

Herminia Fariña Cobián (26 de outubro). A Nosa Terra, Alma Gallega, Almanaque Gallego, El Compostelano, Lar, La Raza, La Temporada, Mundo Gallego, Terra, Céltiga, Eco de Galicia, Vida Gallega.

Carmen Prieto Rouco. El Compostelano, Cultura Gallega, Ideal Gallego, Céltiga, La Voz de Ortigueira, A Nosa Terra, Eco de Galicia,Vida Gallega.

Carmen Lobeiras Pantín. Colaborou na sección ‘O recanto da Muller’ en A Nosa Terra.

María Santos Freire. Colaborou na sección ‘O recanto da Muller’ en A Nosa Terra.

Corona González. A Nosa Terra.

María Pura Lorenzana. Boletín de la Biblioteca Menéndez y Pelayo, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós.

Non se lle coñecen colaboracións en galego:

María Luz Morales (1 de xaneiro). El Hogar y la Moda, Films Selectos, Mediterráneo, Lecturas, Imatges, Semanari Gráfic d´actualitat, Vida Gallega, La Vanguardia, El Sol, Diario de Barcelona.

Sofía Casanova (16 de xaneiro). ABC, La Época, El Liberal, El Mundo, Centro Gallego, Raza, Raza española, Terra, El Imparcial, Galicia, Gazeta Polska, The New York Times.

Concepción Arenal (31 de xaneiro). La Voz de la Caridad, Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, El Abolicionista, Revista de España, El Correo de la Moda, La Ilustración Gallega y Asturiana, El Día, La España Moderna, Bulletin de la Société Générale des Prisons.

Emilia Pardo Bazán (12 de maio). Revista de Galicia, Nuevo Teatro Crítico, Biblioteca de la Mujer, La España Moderna, Boletín oficial del Centro Gallego, Eco de Galicia, Raza, Raza española, Revista femenina ilustrada, Revista de Ciencias y Artes.

Fanny Garrido (11 de setembro). El Correo de Madrid, Galicia.

Emilia Calé (18 de setembro). El Museo Literario, Revista de Galicia, Boletín Oficial del Centro Gallego, Galicia Moderna, Galicia: revista universal de este Reino, Eco de Galicia, Revista de Galicia, La revista, Revista Compostelana, Almanaque de Galicia, El Zumbido, El buscapié, El Eco de Santiago, Follas novas, El Eco de Habana, La Unión Gallega.

Luisa Cuesta (18 de outubro). Boletin de la Universidad de Santiago de Compostela, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Anuario de historia del Derecho Español, Vida femenina, Revista de Indias, Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Sonderdruck aus dem Gutemberg-Jahrbuch.

María Barbeito (20 de novembro). Boletin de la Real Academia Gallega, Revista Gallega, Adelante, El Nuevo Magisterio, Galicia, La Unión Escolar, El Magisterio de Galicia, Marineda, Boletín del Dispensario Antituberculoso, Revista del Centro Gallego de Montevideo, Boletín de la Real Academia Gallega, La Voz de Galicia, El Regional, La Idea Moderna, El Eco de Orense, El Norte de Galicia, El Orzán, El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego.

Margarita Astray Reguera. El Heraldo de Madrid, La Tribuna, Pictorial Review, Galicia, Ideales, Diario de Vigo, Eco de Galicia.

Blanca Calvo Moraso. Galicia. Diario de Vigo, La Región, El Heraldo, El Compostelano, La Zarpa.

Mercedes Vieito. Galicia, Eco de Galicia.

Details

Date:
16 - Xaneiro