Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Mulleres amotinadas

10 - Febreiro

O 10 de febreiro de 1810 as mulleres obreiras de Ferrol alzáronse en motín. Levaban as traballadoras e traballadores dos estaleiros e da mestranza tempo sen cobrar polo que deciden asaltar a residencia do comandante xeneral levándoo até o edificio onde estaba o cárcere e o concello onde foi apuñalado. Deixan o cadáver diante da Porta do Estaleiro. No xuízo celebrado o ano seguinte na Audiencia da Coruña, un home e dúas mulleres foron condenados a morrer na forca coma instigadores da revolta. Unha das mulleres, Antonia Alarcón, foi ademais decapitada e exposta a súa cabeza en lugar público para atemorizar a poboación.

Detalles

Data:
10 - Febreiro