Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Motín de Dozón

20 - Xaneiro

O día 20 de xaneiro de 1870 amotináronse en Dozón (Pontevedra) máis de 1.000 labregas e labregos. As revoltas contra o pagamento dos foros e outros impostos abusivos foron unha constante no agro galego durante a última metade do século XIX e o no primeiro terzo do século XX. Con motivo dos pronunciamentos de 1868, que deron lugar á lª República, púxose de manifesto o descontento xeral entre os campesiños con revoltas continuadas por todo o país. En Dozón, as labregas e labregos con apeiros de labranza enfrontáronse ás forzas da orde e a Garda Civil viuse obrigada a pecharse no cuartel para non ser agredida.

Details

Date:
20 - Xaneiro