Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Mosteiro de Santa María de Aciveiro

4 - Febreiro

Santa María de AciveiroO 4 de febreiro do ano 1135 (esta data pode lerse na inscrición que se atopa na parede sur da igrexa) doce relixiosos beneditinos, chamados polo rei Afonso VII, proceden á constitución do Mosteiro de Santa María de Aciveiro. O convento sitúase na parroquia de Santa María de Aciveiro, concello de Forcarei, e a súa importancia foi capital na vida económica e social da Terra de Montes desde a súa fundación no século XII ata a desamortización no século XIX, en 1842, máis concretamente. Arredor de 1430, San Gonzalo das Penas foi nomeado abade. Por esta época, o mosteiro acadou o seu máximo nivel cultural ao fundarse un Colexio de Teoloxía Moral, dotado ademais con noviciado propio e un estudo de humanidades.

No ano 1931, foi declarado Monumento Histórico Artístico e na actualidade ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

Details

Date:
4 - Febreiro