Cargando eventos

« Todos os eventos

Monumento aos Mártires da Liberdade

22 - Maio

22mO 22 de maio de 1904 inaugúrase o monumento aos Mártires da Liberdade. A inauguración deste monumento aos fusilados en Carral en 1846 supuña a culminación dun longo proxecto iniciado case cincuenta anos atrás. En 1904, unha suscrición popular, co apoio económico da emigración galega en América e de personalidades do mundo cultural e político do momento, entre os que se encontran Lugrís Freire, Tettamancy, Murguía ou Pondal,  logra levantar un monumento aos Mártires da liberdade nesta localidade coruñesa, monumento  que se converte  cada ano en centro de distintas homenaxes populares organizadas na súa memoria. O semanario Revista Gallega, órgano oficial da Liga Gallega, dedidocoulle un número monográfico (nº 479) á inauguración do monumento.

Detalles

Data:
22 - Maio