Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Monumento a Curros

11 - Agosto

11aO sábado 11 de agosto de 1934 inaugúrase o monumento a Curros nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña. Logo da morte de Curros e constituída unha Comisión formada polo Concello, Academia, Asociación de Prensa e Academia de Belas Artes inicianse as xestións para erixirlle  un monumento a modo de mausoleo, que será axudado no económico pola emigración de Cuba e Arxentina. Francisco Asorey, o escultor da xeración Nós, será o elixido para a súa realización. A cantidade inicialmente orzamentada, 60.000 pesetas, sería insuficiente para realizar o deseño inicial que incluía unha grande arca na que acoller os restos do poeta e que finalmente serían enterrados no cemiterio municipal de Santo Amaro. O monumento foi realizado coa forma da quilla dun barco na cal, na parte máis avanzada, está a figura de Curros. Nesta extraordinaria obra vemos o poeta que leva unha arpa nunha man e unas follas escritas na outra, dando un paso adiante, triunfante sobre o caciquismo, a usura e a inxustiza, seguido do pobo traballador.

Details

Date:
11 - Agosto