Loading Events

« All Events

Mitin das Arengas

24 - Xullo

O 24 de xullo de 1934, ás doce da noite da véspera do 25 de xullo, celébrase o Mitin das Arengas na Praza da Quintana. Foran as Irmandades da Fala quen organizaron o primeiro Día de Galiza en 1920, despois de o ter acordado un ano antes no transcurso da II asemblea Nacionalista e onde decidiran institucionalizar como Día da Patria o 25 de xullo. O Mitin das Arengas, da que só se celebrarían dúas edicións, xuntaba en Compostela aos nacionalistas de toda Galiza, iniciábase coa intervención dos dirixentes do nacionalismo e daba remate cunha manifestación que tiña como final a estatua a Rosalía na Ferradura. Neste 1934 unha muller sobe á tribuna de oradores, é Emilia Docet Ríos que comparte tribuna, entre outros, con  Castelao, Bóveda, Ánxel Casal, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Suárez Picallo, Lugrís Freire e Vilar Ponte. O acto era duramente criticado na prensa da época polo seu carácter anti-español.

Details

Date:
24 - Xullo